O Club de Lectura do Porriño conmemora o Ano Castelao cunha sesión especial en diálogo coa exposición “Castelao grafista (facsímile)”

O Club de Lectura da Biblioteca Municipal do Porriño celebrará o vindeiro 17 de marzo unha sesión especial en aberto dedicada á figura de Castelao, coincidindo coa exposición “Castelao grafista (facsímile)”, que pode visitarse no Centro Cultural Municipal ata o 19 de marzo. Esta iniciativa enmárcase na conmemoración do Ano Castelao, ao cumprirse o 75 aniversario do seu pasamento.

A sesión, aberta a toda a cidadanía interesada, estará guiada pola coordinadora do Club de Lectura, Ana Abad de Larriva, quen participou como tradutora no catálogo Castelao grafista. Pinturas, dibujos, estampas. Durante o encontro, que se desenvolverá no Centro Cultural Municipal de 18.00 a 19.30 horas, abordarase especialmente a relación entre pintura, ilustración e texto na obra do autor rianxeiro, achegando unha perspectiva singular sobre a súa produción artística e literaria.

O alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, quixo salientar a relevancia desta actividade dentro do panorama cultural local: "Con esta sesión especial, seguimos a fomentar o acceso á cultura e a poñer en valor o legado de Castelao, unha figura fundamental da nosa identidade e do noso patrimonio".

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Benvido Estévez Maceira, destacou o papel que xoga esta iniciativa dentro da ampla programación cultural do Concello: "A exposición e o encontro do club de lectura son unha oportunidade excepcional para que a veciñanza se achegue a Castelao desde diferentes perspectivas, promovendo un diálogo enriquecedor entre a literatura e a arte".

A exposición Castelao grafista (facsímile) está comisariada por Miguel Fernández-Cid e organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia. Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos para difundir a obra e o pensamento de Castelao a nivel internacional. Ademais, enmárcase dentro da iniciativa Cultura por Alimentos, promovida por Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).

Esta actividade especial forma parte da ampla travesía literaria e artística que realiza o Club de Lectura da Biblioteca Municipal do Porriño, que combina paradas en referentes do contexto máis próximo con achegamentos a culturas máis afastadas. Despois de explorar a figura de Castelao, o club continuará a súa viaxe literaria ata Corea do Sur, coa lectura de A vexetariana, obra da recente gañadora do Premio Nobel de Literatura, Han Kang.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria