Noelia Mouriño desfruta no Porriño da súa medalla de ouro antes de cruzar o Atlántico

O alcalde Alejandro Lorenzo recibiu á pivote porriñesa que vén de lograr o Campionato de Europa Sub-18 coa Selección Española de Baloncesto e apura os últimos días na súa terra natal antes de viaxar aos Estados Unidos

O Porriño, 7 de agosto de 2025.- Noelia Mouriño fóra recibida fai xusto un ano no Concello do Porriño por gañar o bronce coa Selección Española de Baloncesto no Mundial Sub-17 disputado en México e hoxe volve á casa consistorial despois de lograr o ouro de Europa Sub-18 e a piques de cumprir o seu soño na Universidade de San Francisco.

O alcalde Alejandro Lorenzo trasladoulle a esta moza de 18 anos e veciña de Torneiros os seus parabéns polo incremento do seu particular palmarés “o cal seguro, co mesmo esforzo e dedicación, seguirá medrando alá por onde vaias”. Neste sentido, o rexedor desexoulle moita sorte nesta nova etapa que comezará logo duns días de descanso na súa terra natal. Noelia que xa na visita do pasado verán anunciaba que a súa carreira deportiva transcorrería posiblemente nos Estados Unidos, de onde xa estaba a recibir chamadas de universidades que estarían dispostas a outorgarlle unha beca e contar con ela nos seus equipos, confesa que tivo unha oferta de Texas pero que finalmente despois de escoitar a experiencia doutras xogadoras españolas decidiuse por San Francisco, a onde irá coa súa compañeira de selección Aina Cargol.

"Para nós é un orgullo contar con mozos e mozas como Noelia, que levan o nome do Porriño por todo o mundo co seu talento, esforzo e valores. Esta medalla de ouro é un recoñecemento ao seu traballo, pero tamén unha inspiración para toda a nosa mocidade”, remarcou o alcalde.

Noelia representa o espírito de superación e traballo en equipo que distingue aos grandes deportistas e desde o Concello do Porriño deséxanlle todo o éxito na súa nova etapa nos Estados Unidos, seguros de que seguirá a acadar grandes fitos.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.