Máis de 56.000 peregrinos pasaron polo Porriño no que vai de ano, un 7% máis que no 2023

Un total de 56.033  peregrinos pasaron polo Porriño no que vai de ano, un 7% máis que en 2003, consolidando a Vila do Louro como unha parada fundamental no Camiño de Santiago.

Tal e como se recolle no rexistro da Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela, un 34% dos mesmos son españois e un 66%, preto de 36.000 persoas, chegan doutros países. Os que máis peregrinos aportan son Portugal (14,34%), Estados Unidos (7,3%), Alemania (6,83%), Italia (4,44%), Brasil (2,99%), Reino Unido (2,80%) e Holanda (2%).

O Camiño de Santiago ten un impacto positivo na economía local

O incremento no fluxo de peregrinos respecto ao ano anterior non só é indicativo da crecente popularidade da ruta, senón que tivo un impacto moi positivo na economía local.

Observouse un significativo aumento na ocupación hoteleira, con moitos dos aloxamentos rexistrando taxas de ocupación de case o 100% na tempada alta. Temén se beneficiou o sector da restauración, que acrecentou a súa facturación, grazas á afluencia diaria de peregrinos que buscan degustar a gastronomía local despois da súa xornada de Camiño.

“Pero máis alá do impacto económico, a presenza de peregrinos fortaleceu o espírito de hospitalidade e comunidade no Porriño”, explica a concelleira de Turismo, Vanessa Ucha, “A veciñanza volcouse en recibir aos viaxeiros, o que enriqueceu a experiencia do Camiño, fomentando un intercambio cultural que nos enriquece a todos”.  Ucha  conclúe indicando que “desde a Concellería de Turismo seguiremos traballando para mellorar as infraestruturas e servizos, asegurando que O Porriño siga sendo unha parada memorable no Camiño de Santiago para todos os peregrinos que nos visitan."

No mesmo sentido se manifestou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que destacou “a importancia da incidencia do Camiño Portugués no municipio como dinamizador turístico, económico e cultural”. “Por iso seguiremos apostando por iniciativas para facer a súa estancia na nosa vila o máis agradable posible e actividades, como o Día do Peregrino, dirixidas especialmente a eles para que o seu paso polo Porriño sexa o primeiro de moitos”. 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria