O Louro Valley Festival aspira a bater récord de asistencia este sábado

O Porriño acollerá este sábado, 21 de setembro, unha nova edición dun dos eventos musicais estrela das Festas do Cristo: o Louro Valley Festival. O alcalde, Alejandro Lorenzo, xunto co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, a directora de Xuventude, Lara Meneses, e os djs participantes Groove Amigos e Khris Guez, desvelaron o cartel completo desta edición que promete superar o récord de asistencia da pasada edición.

O Louro Valley naceu no ano 2013 da man dun grupo de djs e hostaleiros locais. Tras tres edicións suspendeuse, retomándose no ano 2022 con Maikel Delacalle como cabeza de cartel. O ano pasado, Juan Magán conseguiu reunir a máis de 15.000 persoas na que foi a edición máis multitudinaria.

Como se fixo público a principios desta semana, o cabeza de cartel será o famoso dj Kiko Rivera, un dos máis aclamados do panorama nacional, pero o festival mantén a esencia coa que naceu: apoiar aos djs locais brindándolles a oportunidade de brillar nun gran escenario. Así, completan o cartel Groove Amigos, Traffic House, Khris Guez, Samu Pexe nun “back to back”con Pitty, e DJ Mus.

O evento dará comezo ás 22:30 h no aparcamento da rúa Progreso e, como cada ano, será totalmente gratuíto.  Ademais, esta edición ofreceranse mochilas vibratorias para que as personas xordas poidan disfrutar plenamente da que seguro será unha experiencia inolvidable. “Animámosvos a todos/as  disfrutar desta  noite de música e diversión no que xa é un escenario de referencia do calendario galego de festivais”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “E especialmente dos nosos artistas locais, que están a levar o nome do Porriño por todo o mundo e aos que admiramos e agradecemos que sigan apostando polo seu pobo. Son referentes para moitos/as mozos/as”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos