Iníciase o proceso para contratar 14 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2025

O Concello do Porriño vén de poñer en marcha o proceso de selección para contratar 14 persoas desempregadas a través da liña de Activación do Emprego do Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra, dirixida á conservación e funcionamento de servizos e instalacións municipais.

As contratacións, cunha duración de oito meses, permitirán reforzar de maneira inmediata diversos servizos municipais. No ámbito das obras e o mantemento, incorporaranse un carpinteiro, un soldador e un palista, que desenvolverán actuacións en parques infantís, instalacións deportivas e espazos públicos. Tamén se convocan seis prazas de peón forestal para tarefas de roza, limpeza e acondicionamento de terreos. Ademais, sumarase un auxiliar de enfermería que prestará servizo na Unidade Asistencial de Drogodependencias, así como catro conserxes que darán apoio en instalacións municipais, encargándose da atención ao público, vixilancia, apertura e peche de espazos.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que "esta iniciativa supón un paso máis no noso compromiso coa creación de emprego e coa mellora dos servizos municipais. Grazas ao apoio da Deputación, podemos ofrecer novas oportunidades laborais ás persoas desempregadas do Porriño."

A concelleira de Emprego, Rosario Costas, sinalou que "o proceso de selección xa está en marcha a través do Servizo Público de Emprego e terán prioridade de acceso aos mesmos ás persoas con máis dificultades de inserción laboral."

Para poder participar no proceso, as persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, ter incluídas nas súas demandas as ocupacións ofertadas e cumprir cos requisitos específicos establecidos na convocatoria para cada posto. As bases de selección e os códigos de ocupación específicos poden consultarse na páxina web municipal, así como nas instalacións de Porremprego.

Este proxecto forma parte do compromiso da Deputación e do Concello coa activación laboral e a mellora continua dos servizos públicos no Porriño.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria