Éxito rotundo na XIV Festa do Cabrito ao Espeto

Preto de 100 cabritos foron preparados ao espeto para unha xornada chea de sabor, música e tradición que reuniu a centos de veciños e visitantes

O Porriño, 4 de agosto de 2025.- A parroquia de Chenlo, no concello do Porriño, viviu onte unha xornada de celebración e orgullo colectivo coa décimo cuarta edición da Festa do Cabrito ao Espeto, unha cita xa consolidada como referente gastronómico e social da comarca que combina sabor, música e tradición nun ambiente familiar e festivo.

Dende primeiras horas da mañá, veciños e visitantes achegáronse ao campo de fútbol de Chan da Carreira, onde a asociación organizadora iniciou o asado dos preto de cen cabritos preparados para a ocasión, seguindo a tradicional receita local: espeto de ferro, lume controlado e moita dedicación para acadar o punto exacto de cocción.

Ás once da mañá comezou a degustación de pinchos, acompañada pola música do Grupo de Gaitas do Porriño, que deu paso á comida popular a partir das 13:00 horas. As opcións ofrecidas incluíron o cabrito enteiro ao espeto por 220 euros, medio cabrito por 110 euros e pinchos con viño mencía por tan só 5 euros. Todos os menús incluían tamén patacas, empanada, viño mencía, rosca e café, nun ambiente animado e familiar que encheu de vida o recinto durante toda a xornada.

O momento máis agardado da tarde foi o tradicional sorteo dun cabrito entre todas as persoas asistentes, unha das señas de identidade da festa e símbolo da súa vocación participativa. A animación musical continuou coa actuación en directo do grupo 3.COM, que puxo ritmo e alegría ao encontro cun repertorio que fixo bailar a maiores e pequenos.

O evento foi organizado pola Asociación Cabrito ao Espeto, coa colaboración do Concello do Porriño, da Xunta de Galicia e da propia veciñanza, que leva semanas traballando na preparación desta celebración. Neste sentido, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quixo destacar o carácter único da festa e o espírito de colaboración que a fai posible ano tras ano. "Chenlo ten demostrado que cando a parroquia se xunta co corazón, é capaz de crear algo extraordinario. Esta festa é máis ca unha celebración gastronómica: é unha mostra de orgullo, tradición e comunidade. Quero poñer en valor a parroquia e a ese grupo de xuventude que, xunto cos máis veteranos, se xuntan cada ano para realizar un traballo incansable durante toda unha semana, facendo posible esta celebración. Gracias a todas e todos os que vos achegastes e compartistes esta experiencia connosco”, declarou.

Celebrada por primeira vez no ano 2009, a Festa do Cabrito ao Espeto naceu co obxectivo de recuperar unha forma tradicional de preparar a carne en Chenlo e, ao mesmo tempo, poñer en valor o patrimonio natural e cultural da parroquia que conta cunhas vistas privilexiadas ao val da Louriña. Co paso dos anos, a cita consolidouse como unha das festas gastronómicas máis emblemáticas do verán no sur da provincia de Pontevedra, mantendo viva a tradición e reforzando o sentimento de pertenza da comunidade.

Un ano máis, Chenlo demostrou que a forza dunha parroquia está na súa xente. A festa foi un éxito rotundo tanto en participación como en organización, e xa se pensa na edición número quince, que terá lugar, como é costume, o primeiro domingo de agosto de 2026.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.