Contos que curan, o programa de biblioterapia infantil da Biblioteca do Porriño

Nun contexto social no que os problemas de saúde mental infantil están en aumento, a Biblioteca do Porriño posiciónase como un punto de apoio para as familias co seu proxecto de biblioterapia “Contos que curan”. Este innovador programa ten como obxectivo axudar a previr, identificar e xestionar diversos trastornos que afectan a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) enfatizou a importancia de actuar desde a infancia para facer frente a estes desafíos, instando a gobernos, institucións e á sociedade en xeral a colaborar na creación dun entorno máis saudable e comprensivo. A Biblioteca do Porriño únese a esta causa creando unha ferramenta que combina a maxia da lectura coa necesidade de apoio emocional da cativada.

"Contos que curan" componse dunha serie de boletíns temáticos que ofrecerán unha coidada selección de contos de ficción, clasificados e recomendados para axudar a pais, nais, educadores e profesionais da saúde no seu labor de mediación terapéutica. Cada boletín incluirá información bibliográfica completa dos contos seleccionados, con recensións críticas que destacan a súa relevancia na xestión de temas sensibles como oa xestión da morte e duelo dun ser querido, o bullying ou acoso escolar, a timidez e fobia social, o sono e o medo á escuridade, ou a desestigmatización e normalización da neurodiverxencia (autismo, dislexia, TDAH, síndrome de Down…).

O compromiso da Biblioteca de Porriño non pasa desapercibido. O seu proxecto foi seleccionado para participar nas III Xornadas Internacionais sobre compromiso social e biblioteca da Fundación Alonso Quijano, unha iniciativa que busca visibilizar iniciativas de inclusión social en bibliotecas.

“A lectura pode ser unha poderosa ferramenta de sanación e `Contos que curan´ será ese espazo no que as familias e os nenos e nenas atopen comprensión e empatía”, explicou o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, “Gustaríame convidarvos a todos e todas a participar desta iniciativa coa que non solo queremos desestigmatizar e axudar á cativada, senón crear un futuro máis xusto e alentador para eles”.

Primeiro boletín: “Morte e duelo”

O primeiro boletín, titulado "Morte e duelo", lanzarase este mes, coincidindo coa semana de Todos os Santos. Esta publicación non só estará dispoñible de maneira física, senón que tam

én se difundirá dixitalmente, chegando a todo aquel que poida beneficiarse deste recurso.

A morte representa a experiencia máis incomprensible para o ser humano e nesas datas estará moi presente nas vidas dos pequenos e pequenas. Aos nenos e nenas cústalles máis entendela. Moito máis, porque non están aínda preparados para comprender que é algo inevitable, irreversible e permanente.

Lerlles contos axeitados pode facilitar as cousas…Porque os contos non curan por si mesmos, pero poden axudarnos a axudarlles.

Por iso neste boletín propoñeranse unha selección de lecturas axeitadas. Historias que abordan a morte e o loito desde distintos putnos de vista para distintos grupos de idade. 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria