Comezan as obras para frear os efectos da escorrentía da A-52 na Gulpilleira

O investimento total, que supera os 340.000 euros, está financiado con remanente de tesourería mediante un crédito extraordinario aprobado polo Pleno municipal.

Dende o Concello se segue traballando para pechar un acordo co Ministerio de Transportes que permita compartir os custes dunha intervención que, pola súa natureza, debería contar co apoio da administración titular da autovía.

O Porriño, 21 de maio de 2025.- Xa están en marcha as obras de renovación das redes de saneamento, abastecemento e pluviais no lugar da Gulpilleira, unha actuación urxente impulsada polo Concello do Porriño para dar resposta aos graves danos provocados pola escorrentía de augas procedente da autovía A-52.

A concentración de caudais no punto de vertedura da infraestrutura estatal leva anos afectando ao firme e ás propiedades colindantes, con episodios de afundimentos, deterioro da calzada e desprazamento de muros. A situación viuse agravada nos últimos meses polas intensas chuvias.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou que se trata dunha obra “absolutamente necesaria e que non podía esperar máis”. Asegura que a decisión de actuar con fondos propios responde á vontade do goberno local de priorizar a seguridade da veciñanza, ante unha problemática que, segundo lembra, “ten a súa orixe nunha infraestrutura estatal construída sen prever os efectos no entorno”.

O proxecto, que afecta a viais municipais como a rúa Gulpilleira, Antonio Palacios e Fernández Areal, inclúe a execución de novas redes de pluviais con colectores de gran capacidade, sumidoiros, reposición da rede de saneamento fecal, renovación do abastecemento e canalizacións para iluminación pública e telecomunicacións. Así mesmo, prevese a reposición do firme en toda a zona afectada, con materiais adaptados a cada tipo de vía e tramo.

O concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, explicou que esta intervención “é a resposta a un problema que leva décadas sen solución e que agora, por responsabilidade institucional, asumimos desde o Concello”. Recalcou tamén que, aínda que a orixe do problema está na A-52, a administración local non pode permitirse seguir esperando pola reacción doutras institucións.

O investimento total, que supera os 340.000 euros, está financiado con remanente de tesourería mediante un crédito extraordinario aprobado polo Pleno municipal. As obras, xa declaradas de emerxencia, contan cun prazo estimado de execución de seis meses.

Desde o Concello lembran que se segue traballando para pechar un acordo co Ministerio de Transportes que permita compartir os custes dunha intervención que, pola súa natureza, debería contar co apoio da administración titular da autovía. Mentres ese acordo non chega, o goberno local insiste en que “non se pode seguir poñendo en risco a seguridade cidadá por cuestións competenciais”.

Con esta actuación, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas municipais e a protección da veciñanza ante situacións que afectan directamente ao seu benestar e seguridade.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos