Comezan as obras de mellora no Polígono Industrial da Granxa

  Ambos programas contan cun financiamento conxunto de 850.531,20 euros por parte da  Xunta de Galicia  ao que se suma unha achega municipal próxima aos 90.000 euros.

O Porriño, 9 de abril de 2025.- Xa deron comezo as obras de albanelería no Polígono Industrial da Granxa, enmarcadas dentro dos programas mixtos de emprego e formación impulsados polo Concello do Porriño grazas ao financiamento da Xunta de Galicia. Estes programas, que combinan formación teórica con práctica laboral, están a supor unha importante mellora para o tecido industrial da zona e unha oportunidade de futuro para persoas desempregadas.

En concreto, están en marcha dous programas: o Obradoiro Dual de Emprego “O Porriño Humaniza”, con 20 alumnos-traballadores desempregados, e o programa de emprego “O Noso Encontro co Emprego”, no que participan 16 mozos e mozas menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que “estas actuacións son un exemplo de como a colaboración entre administracións pode dar froitos tan positivos como mellorar infraestruturas clave e, ao mesmo tempo, formar e empregar a persoas que buscan unha nova oportunidade laboral”.

O proxecto inclúe a renovación das beirarrúas na avenida principal e na Rúa Paralela 3 do Polígono Industrial da Granxa. As actuacións consisten na demolición das beirarrúas existentes, instalación de bordillos, colocación de mallazo, canalización para o alumeado público e hormigonado cun espesor de 20 cm. Na avenida principal construiranse dúas novas beirarrúas cunha superficie total de 2.372 m² e na Rúa Paralela 3 actuarase sobre 2.207 m², incluíndo o retranqueo de 17 puntos de luz para evitar danos polos vehículos pesados.

A concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, explicou que “este tipo de programas permiten que o alumnado-traballador poida aplicar os coñecementos adquiridos nun entorno real, o que incrementa notablemente as súas posibilidades de inserción laboral unha vez rematado o programa”.

Pola súa parte, o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, subliñou a importancia da actuación: “A renovación das beirarrúas vai mellorar a seguridade, funcionalidade e imaxe do Polígono da Granxa, un dos motores económicos do noso municipio”.

Tamén estiveron presentes durante a visita ás obras o presidente da Entidade Urbanística de Conservación de A Granxa, Indalecio Cuevas, quen valorou moi positivamente esta intervención: “É unha demanda histórica dos empresarios da zona que por fin se fai realidade grazas á implicación do Concello”.

Finalmente, o secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais, David Sobral, destacou o papel estratéxico destas actuacións: “Investir nos polígonos industriais é investir no futuro económico de Galicia. A mellora das infraestruturas repercute directamente na competitividade das empresas e na xeración de emprego”.

Ambos programas contan cun financiamento conxunto de 850.531,20 euros por parte da Xunta de Galicia, ao que se suma unha achega municipal próxima aos 90.000 euros. As accións formativas desenvolveranse ata os meses de setembro e outubro deste ano, respectivamente, e inclúen tamén outras especialidades como carpintería e pintura decorativa.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos