O benestar social e os servizos públicos, pilares fundamentais do orzamento municipal 2024

O goberno municipal do Porriño leva a pleno a vindeira semana o seu orzamento para o exercicio 2024, unhas contas que rozan os 21 M de euros, 2 M máis que o vixente, o que supón un incremento dun 9,68%.

A folla de ruta económica para o presente ano é ambiciosa no que respecta aos gastos e prudente no tocante aos ingresos, imaxe dunha administración solvente e responsable na xestión que, por encima de todo, vela cada día polos intereses das veciñas e veciños do Porriño.

“Continuamos coa senda marcada de reducción de impostos mantendo os niveis dos servizos públicos, o control do gasto e o equilibrio fiscal”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. É importante salientar o gran esforzo que se está a facer desde a administración local para poder manter e aumentar todos os servizos prestados, sen que iso repercuta nun incremento da presión fiscal.  E é que O Porriño é o municipio de toda a área que menos cobra polos servizos prestados.

“Son plenamente consciente, tanto eu como o meu equipo, de que traballamos para a cidadanía e o orzamento municipal debe ser un fiel reflexo deste plantexamento. Por iso, presento para a aprobación un documento realista, previsor e rigoroso baseado na eficiencia da xestión dos recursos públicos, e pensado para buscar, unha vez máis, o desenvolvemento, promoción e mellora que O Porriño necesita”. Cabe destacar que se trata dun documento que se desenvolve nun escenario de prórroga orzamentaria por parte do Goberno de España e no marco dunha subida dos custes básicos para administracións locais, ao que hai que engadir o impacto da inflación e as súas consecuencias no aumento dos prezos dos servizos. Isto implicou un retraso na tramitación dos novos orzamentos xa que ata mediados de ano non se coñecía o importe dos ingresos a recibir por parte da administración estatal.

Reforzo dos servizos municipais e do benestar social

Tres son os pilares básicos das contas para este ano presentadas polo executivo que preside Alejandro Lorenzo: reforzar os servizos municipais, o benestar social e o mantemento do centro urbano e parroquias. A estas areas destínase o 38,29% dos recursos.

Así, máis de 3,1 M de euros resérvanse para a prestación dos servizos básicos como a iluminación pública, limpieza, cemiterios ou saneamento. Preto de 2,7 para urbanismo e vivenda e máis de 2,2 para servizos sociais e promoción social. 

“Á hora de deseñar as contas que rexen a xestión municipal é esencial garantir a prestación da totalidade dos servizos básicos e así, logo de moitos anos cunha situación de ausencia de contratos hoxe temos regulada a recollida de lixo, a limpeza viaria, o mentemento de xardíns e desbroces, a xestión da piscina municipal ou o SAF “, continuou o alcalde.

Respaldo ao tecido asociativo, cultural e deportivo

O orzamento non deixa de lado a aposta do executivo local polo deporte e a cultura, consignando arredor de 2 M de euros a cada unha destas áreas. Un respaldo que se mostra tamén coas subvencións nominativas aos clubs deportivos, asociacións culturais e veciñais e entidades de carácter social.

Cabe destacar que a colaboración establecida con estas entidades permítennos ampliar os servizos que se prestan no municipio, como os obradoiros de memoria de Afaga Alzhéimer. Tamén a colaboración que se establece coas comisións de festas das diferentes parroquias, e que nutren a programación cultural e exercen de dinamizador social no rural.

As achegas para as 47 entidades que desenvolven a súa actividade no municipio ascenden a preto de 800.000 euros.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria