Atención valentes! Chega o Samaín ao Porriño

O Porriño transformarase nun escenario de auténtico terror coa celebración do Samaín, unha noite na que os espíritos vagan e as criaturas da escuridade cobran vida.

A xornada do 31 comezará coa tradicional exposición de calacús, onde os pequenos artistas dos colexios, e tamén os usuarios e usuarias de Aceesca e Afaga, puxeron o seu enxeño e creatividade. O resultado, máis de 500 calacús que adornarán o centro da vila. Desde a Fonte do Cristo ata o final do barrio de San Benito, estas terroríficas obras de arte iluminarán as rúas coa súa sinistra beleza.

Pero iso non é todo. Na véspera do día de Todos os Santos, a Casa do concello converterase nun auténtico castelo do terror. Criaturas horripilantes tomarán o control, desafiando aos máis valentes a entrar e enfrontarse aos seus peores pesadelos.

Desde as 17:00 ata as 19:45 horas, o Concello encherase de risas e berros no túnel do terror infantil, e despois, na praza os nenos e nenas poderán mover os osiños co arrepiante espectáculo “A bailar esqueletes”. Aqueles pequenos que se atrevan a participar recibirán un agasallo como recoñecemento á súa valentía.

A partir das 20:15 horas, o túnel do terror intensificarase para recibir aos maiores, prometendo unha experiencia aínda máis aterradora. Advertimos que será peor! E para aliviar un pouco a tensión, a noite culminará cunha sesión DJ na praza, onde todos poderán deixar atrás o medo e gozar da música.

Desde o Concello do Porriño convidan á veciñanza a defender a súa casa consistorial e disfrutar desta noite de terror e diversión no Porriño!

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria