As Festas de San Bieito 2025 chegan con novidades e unha ampla programación para todos os públicos

O Porriño, 4 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño presentou esta mañá, ao carón da Capela de San Bieito, a programación das Festas de San Bieito 2025, que se celebrarán os días 10 e 11 de xullo, cun cartel que combina novidades, tradición, música e actividades para todas as idades.

O acto contou coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo; o concelleiro de Cultura, Festas e Novas Tecnoloxías, Bienvenido Estévez; a Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián e representantes do Mano de Santo DJ Festival, que se consolidan nestas festas.

Durante a presentación, resaltouse o espírito participativo das festas, que volven ser un punto de encontro da veciñanza porriñesa e unha cita obrigatoria do verán. Alejandro Lorenzo animou a todos os asistentes “a desfrutar dunhas festas no barrio de San Bieito que combinan o mellor da nosa tradición co espírito alegre e familiar que caracteriza ao Porriño”.

Programación:

Xoves, 10 de xullo:

A partir das 21:30 h:

Orquestra Gran Parada

Mano de Santo DJ Festival

Venres, 11 de xullo:

Ás 9:00 h: Misa na Capela de San Bieito

A partir das 12:00 h:

Misa solemne na Igrexa de Santa María, coa Coral de Música da E.M.M

Procesión, acompañada pola Banda de Música da E.M.M 

Ao rematar a procesión, terá lugar a tradicional puxa benéfica do racimo de uvas do Santo, que este ano destinará o recaudado a AECC do Porriño. O Concello renderalle unha homenaxe a veciños de San Benito e San Sebastián.

A partir das 12:00 h: Concerto da Banda de Música da Escola Municipal de Música 

Ás 19:30 h: Actuación de Os Zoqueiros 

Ás 20:00 h: Misa vespertina na Igrexa de Santa María

A partir das 21:30 h:

Orquestra Los Player’s

Concerto de Roi Casal

Ademais, dende o día 2 de xullo hai novenas ás 9:00 h na Capela de San Bieito e ás 20:00 h na Igrexa de Santa María.

O Concello do Porriño convida a toda a cidadanía a participar activamente nestas festas, agradecendo a colaboración da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián e de todas as entidades que fan posible esta celebración ano tras ano.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.