AFAGA, 30 anos respaldando aos enfermos de Alzhéimer e ás súas familias

Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora o vindeiro sábado 21 de setembro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), en colaboración coa concellería de Política Social do Porriño, achegou a asociación á veciñanza cunha mesa informativa sobre todos os recursos que hai no Porriño.

AFAGA é unha asociación que naceu hai 30 anos e traballa con persoas con demencia neurodexenerativa e coas súas familias no sur da provincia de Pontevedra.

“No Porriño contamos cunha unidade terapéutica, para persoas diagnosticadas e en fase de dependencia; unidade de obradoiros ocupacionais de estimulación cognitiva e funcional, para persoas que están diagnosticadas e nas fases iniciais; e outra unidade de prevención destinada a persoas a partir dos 55 anos de idade, para ter un envellecemento activo co proxecto Cultiva a Mente”, explica Teresa Veloso, concelleira de Política Social.

Desde 2020 AFAGA atendeu a máis de 14.000 persoas: máis de 3.000 nos seus obradoiros de prevención, máis de 1.200 nos obradoiros ocupacionais e servicios de axuda no fogar, preto de 500 persoas nos Centros de Día, e case 9.500 familias de enfermos de Alzhéimer ou demencia. No que va de ano, xa se teñen atendido un 14% máis de persoas e familiares que en todo o 2023.

Desde AFAGA recordan que as persoas maiores de 55 anos interesadas en asistir aos obradoiros de prevención “Cultiva a Mente”, pódense anotar por Rexistro Xeral do Concello. E para os obradoiros de estimulación cognitiva e funcional para as persoas con diagnóstico, os interesados poden facelo a través dos Servicios Sociais do Concello.

O voluntariado tamén é benvido en AFAGA do Porriño. Calquera persoa maior de idade interesada en colaborar coa asociación, pode informarse chamando ao teléfono 986 33 00 03.     

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria