A Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará no Porriño o xoves, 29, o venres, 30 de xuño e o sábado 1 de xullo

A Unidade móbil de Doazón de Sangue estará no Porriño diante da cafetería Scala –na rúa Domingo Bueno-este xoves, día 29, o venres, 3º de xuño-os dous días de 9 e media da mañá a 2 e media da tarde e de 4 da tarde a 9 da noite- e o sábado, 1 de xullo, de 10 da mañá a 2 da tarde.

A doazón de sangue è un acto seguro, sinxelo e necesario para axudar a moitas persoas. En xeral, poden doar sangue persoas maiores de 18 anos -se cumpren 65 anos poden continuar co permiso do seu médico-, con máis de 50 quilos de peso e que non padezan nin teñan padecido enfermidades transmisibles polo sangue (hepatite B, hepatite C, sífilis, SIDA).

Os homes poden doar un máximo de 4 veces e as mulleres 3 veces ao ano; deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses. Non se debe acudir sen almorzar e despois de xantar hai que deixar pasar 2 horas.

https://twitter.com/doadoressangue/status/875009830037188608

De cada doazón de sangue é posible obter tres compoñentes sanguíneos: Glóbulos vermellos, necesarios para intervencións cirúrxicas, transplantes de órganos, hemorraxias debidas a accidentes de tráfico. Os mesmos duran ata 42 días; Plasma: Contén proteínas para o tratamento de grandes queimados ou transplantes de fígado e consérvase ata 2 anos, e Plaquetas: para o tratamento de enfermos con cancro ou leucemia, transplantes de medula ósea. Tan só duran 7 días.

Unha doazón de sangue pode beneficiar a máis dun enfermo, xa que os tres compoñentes sanguíneos adoitan utilizarse por separado. A Axencia de Doación de Órganos e Sangue (ADOS) subliña que as épocas de maior dificultade para acadar as doazóns que precisan os enfermos coinciden co verán, polo que é necesario salientar a importancia deste acto solidario para cubrir as necesidades dos hospitais e fai un chamamento a un grupo especial de doadores universais que son moi importantes nas Urxencias: sangue do grupo cero negativo hai pouco - só 7 de cada 100 doadores - e urxencias moitas tódolos días.

https://twitter.com/doadoressangue/status/877884765193424896

Os porriñeses son solidarios

O Porriño acadou o pasado ano 2016 unha taxa de 69 doazóns por cada 1.000 habitantes e, como subliña a alcaldesa, Eva García de la Torre, “temos que manter as cifras dentro do que recomenda a Organización Mundial da Saúde: 40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes”.

A alcaldesa quere facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. “Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo cada día unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos”.

As persoas que precisen máis información poden entrar na web ados.sergas.es, no perfil de Twitter: @doadoressangue ou no de Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.