A UNED segue apostando por facilitar a formación superior no Porriño

O Concello de Porriño acolleu hoxe a presentación da oferta formativa da UNED Porriño para este curso, un evento que contou coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo, o director da UNED Pontevedra, Víctor M. González, e o coordinador de Extensión Universitaria, Rafael Cotelo.

A Universidade Nacional de Educación a Distancia o ampliou a súa oferta no municipio, incluíndo graos oficiais en Dereito, Socioloxía e Traballo Social. Estes programas permiten aos estudantes avanzar ao seu propio ritmo, beneficiándose de recursos de alta calidade e acompañamento académico personalizado.

Ademais, a UNED Porriño ofrece actividades e cursos de extensión universitaria para quen desexe completar a súa formación. Entre estas atópase un curso para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos e os cursos de UNED Senior, deseñados para fomentar a aprendizaxe sen límite de idade. Tamén se ofertan novos cursos, como a segunda parte do taller de xestión do estrés a través do movemento e un curso sobre a elaboración de pan de `masa madre´, rescatando a tradición culinaria.

O director da UNED Pontevedra, Víctor M. González, agradeceu “o compromiso do Concello do Porriño coa UNED. Somos unha universidade vinculada ao territorio e iso non sería posible sen o compromiso das institucións e a súa colaboración. Un compromiso compartido enfocado a dinamizar na medida das nosas posibilidades a nosa presenza no Porriño”. González concluíu animando á veciñanza do Porriño e da contorna a estar este novo grao de Dereito e lembrando que non é necesaria nota de corte.

Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia de seguir ampliando a oferta educativa no Porriño, subliñando que "é fundamental que a xente poida estudar e forxarse un futuro sen necesidade de abandonar o seu pobo".

Engadiu que isto non só beneficia aos cidadáns, senón que tamén é clave para o desenvolvemento do concello, xa que "Porriño conta cun gran potencial industrial con máis de 2.200 empresas e formar persoal cualificado para elas supón un avance enorme". Concluíu apuntando que “en definitiva, a UNED no Porriño representa o noso compromiso coa educación e o desenvolvemento local e sempre estarei agradecido porque ese compromiso co noso pobo e a nosa xente sea mutuo”.

A UNED do Porriño empezou a súa actividade no curso 2022-2023, consolidándose ao longo dos seguintes anos cunha gran acollida por parte da cidadanía.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos