A cunchiña peregrina de AFAGA xa camiña a Santiago na Mochila da Luz

A Mochila da Luz chegou hoxe de novo ao Porriño cargada de luz e esperanza. Na súa peregrinaxe polo Camiño portugués, desde Oporto cara Santiago de Compostela, carga de xeito simbólico recordos de moitas persoas que quedaron atrás e vai recollendo novos agasallos. Chegará a Compostela o 25 de xullo coincidindo co Día do Apóstolo Santiago, onde serán recibidos polo deán da Catedral.

O seu portador este ano é o peregrino César Crespo, de Arcade, que xunto coa comitiva que o acompaña e representantes do Discamino, chegou á vila do Louro onde foi recibida polo alcalde, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, e os usuarios e usuarias da unidade de AFAGA no Porriño que tiñan preparado un agasallo para eles.

Trátase dunhas fermosas cunchiñas que pintaron para que acompañen a estes peregrinos durante o seu Camiño, unha das cales pendura xa para sempre da Mochila da Luz.

“Sempre é un pracer ver a implicación das entidades sociais e das persoas que as integran nos proxectos da nosa comunidade, como nesta ocasión, para contribuír con esta mochila que simboliza o esforzo, o recoñecemento e a necesidade que todos temos de sentirnos acompañados no camiño”, afirmou a concelleira, Teresa Veloso.

No mesmo sentido se expresou o alcalde, que deu a benvida aos peregrinos e agradeceu “a mensaxe de solidariedade e empatía que cargan nesta mochila e teñen a ver difundir en cada vila que visitan ata chegar a Santiago de Compostela”. Lorenzo quixo destacar tamén a “colaboración de AFAGA neste e en cada proxecto social que se lles plantexa, están deixando unha enorme pegada en moitas vidas”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria