Fomento e Xunta falan sobre o problema do paso do tren por O Porriño

A alcaldesa celebra que "por fin" Fomento e Xunta falen sobre o problema do paso do tren por O Porriño, agarda qye se retome o proxecto da Saída Sur e alerta de que "non se fixo nada" dende o accidente do 9 de setembro

Eva García de la Torre, que asistiu en Valença, invitada polo Goberno de Portugal, á presentación da modernización da liña férrea Valença-Viana-que forma parte do percorrido dos convois que pasan polo Porriño- celebra que o Goberno de Galicia e Ministerio de Fomento vaian a falar sobre a posible supresión do paso a nivel da vila.

A alcaldesa, agradeceu que, "por fin", logo da xuntanza que ela mesma mantivo en outubro de 2015 cos responsábeis de Fomento, a Xunta de Galicia se involucre, “preto de dous anos despois”, na resolución dun problema que sofre O Porriño dende hai décadas.

García de la Torre preguntouse se as medidas sobre as que van a falar o Goberno de Galicia e os representantes de Fomento se limitarán á supresión do paso a nivel “¿ou van a presentar algún proxecto sobre a saída sur ferroviaria?”.

A alcaldesa subliñou que se o tema a tratar é so a supresión do paso a nivel, “non se vai a solucionar o principal problema que non é outro que o paso do tren polo centro do Porriño: a resolución pasa por retomar o proxecto da Saída Sur e desviar dúas liñas, a de pasaxeiros e a de mercadorías, do centro da nosa vila”.

Eva García de la Torre alertou de que hoxe segue existindo o perigo de que se repita un accidente coma o do pasado 9 de setembro, no que morreron catro persoas e preto de 50 resultaron feridas. “Non se fixo nada, absolutamente nada, xa non digo para eliminar, senón nin para reducir o perigo dunha nova traxedia: nada. Os trens seguen a pasar polo centro do Porriño a 130 quilómetros por hora e pódese repetir, en calquera momento, a traxedia que vivimos”.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-05 at 09.15.16.jpg
Campaña do Día do Pai 2026 para impulsar o comercio local con dúas tarxetas regalo MOREA
A iniciativa desenvolverase do 12 ao 22 de marzo e permitirá ás persoas participantes optar a dúas tarxetas regalo de 100 euros